Referencia: |
030266 |
Nomenclator: |
3206204 |
Coord. UTM: |
x: 59559900 y: 465280900 |
Concello: |
Porqueira |
Parroquia: |
PORQUEIRA |
Lugar: |
Forxa |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de Almacenamento |
Subtipo: |
Canastro |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Canastro mixto que emprega como soportes catro pés e dúas mesas de pedra. Sobre este entramado aséntase a cámara do canastro, unha cámara coa estrutura de madeira que se cerra nos lados costais mediante unha sucesión de doelas verticais atravesadas por faixas. Nun dos lados penais óptase por este mesmo procedemento, o outro queda reservado para a porta de acceso. Nela as doelas dispóñense a modo de espiña de peixe e remata en forma de arco. Lados penais con pinches coroados por topetes. A madeira pintada de cor vermello. Cuberta a dúas augas con tella curva.