Canastro 31

mapa ficha

Referencia:

030262

Nomenclator:

3206204

Coord. UTM:

x: 59554600 y: 465256400

Concello:

Porqueira

Parroquia:

PORQUEIRA

Lugar:

Forxa

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastro 31

Descrición:

Canastro de madeira que emprega como soportes dúas parellas de esteos. Enriba dunha das parellas descansa unha mesa de pedra e sobre os outros dous pés álzanse outros tantos tornarratos en forma de roda. A cámara péchase nos lados costais e nun dos lados penais mediante unha sucesión de balaustres colocados en horizontal. Os balaustres únense entre sí a través de cintas verticais cravadas pola parte interna da cámara. O outro dos lados penais queda reservado para a porta de acceso. Precisa de varios soficos para ter man da cuberta a para velar polo equilibrio do corpo. Nun dos lados costais queda adherida unha estrutura de táboas que funciona como pombal. Cuberta a dúas augas con tella curva. Ó pé deste canastro inda se poden apreciar restos dos soportes doutro exemplar, en concreto catro esteos e dúas mesas de pedra.

volver a búsqueda