Cruceiro 2

mapa ficha

Referencia:

030256

Nomenclator:

3206204

Coord. UTM:

x: 59560694 y: 465250216

Concello:

Porqueira

Parroquia:

PORQUEIRA

Lugar:

Forxa

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Cruceiros

Subtipo:

Cruceiro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Cruceiro 2

Descrición:

Está situado no adro da igrexa, enfrente da porta norte. Consta dunha plataforma de dúas gradas que deixa paso a un pedestal cúbico e monolítico. O varal é de sección octogonal, agás un pequeno tramo inmediatamente antes do capitel que se torna en cadrada. Un colariño cadrado é o elemento que separa o varal do capitel, un capitel tronco-piramidal invertido con varias molduras escalonadas. Finaliza o conxunto cunha cruz latina de sección romboidal, rematando os brazos en tetrapétalas con botón central.
 
A súa feitura aparece documentada nos libros parroquiais, mencionándose no axuste de contas que se fai dos anos 1837-1852 (Libro 34.9.21., fol. 173); "Ydem costo el crucero del atrio tres cientos veynte reales".
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-A.H.D.OU.
        Libro 43.9.21.

volver a búsqueda