Canastros 11 - 12

mapa ficha

Referencia:

030246

Nomenclator:

3206204

Coord. UTM:

x: 59564600 y: 465268100

Concello:

Porqueira

Parroquia:

PORQUEIRA

Lugar:

Forxa

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastros 11 - 12

Descrición:

Un dos canastro é de madeira, está composto por tres parellas de esteos. Sobre as parellas dos extremos descansan dúas mesas de pedra e enriba dos pés do medio repousan dous tornarratos con forma de roda. A cámara péchase mediante tres paneis de doelas dispostas en posición vertical e unidas entre sí por faixas. Os lados penais quedan reservados para as portas de acceso. Nun dos claros do canastro levantouse un muro que divide o ben, unha parte queda inclusa nunha finca privada e a outra da cara un camiño. Esta parte que queda no camiño, emprega a modo de chanzo para subir ata a porta un esteo doutro hórreo. Cuberta a dúas augas con tella romana. O outro exemplar carece de interese etnográfico. A modo de soportes empréganse catro pés e dúas mesas de pedra. A cámara é de formigón e de ladrillos calados. A porta de acceso colócase nun dos lados penais e sobre ela a datación do ben: 1969. Cuberta a dúas augas con tella francesa.

volver a búsqueda