Conxunto de canastros 1 a 10

mapa ficha

Referencia:

030244

Nomenclator:

3206204

Coord. UTM:

x: 59558300 y: 465264600

Concello:

Porqueira

Parroquia:

PORQUEIRA

Lugar:

Forxa

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Conxunto de canastros 1 a 10

Descrición:

Na praza do pobo da Forxa atópase este conxunto de dez canastros. Tódolos exemplares gozan dun bo estado de conservación, non hai moito tempo que foron restaurados. A estrutura dos hórreos varía tanto nos soportes como nas cámaras. Cinco canastros empregan como soportes dous pares de pés, enriba deles, en catro dos casos repousan dúas mesas, no caso restante utilízanse catro tornarratos con forma de roda. Outros catro hórreos constan de tres parellas de esteos, destes catro, a metade emprega tornarratos en forma circular. Outro caso consta de tres mesas de pedra e o cuarto bota man dunha solución máis complexa: dúas mesas sobre os esteos dos extremos e dous tornarratos en forma de roda enriba dos pés do medio.  As modalidades adoptadas para o peche das cámaras tamén varía sustancialmente duns exemplares a outros. Algúns canastros utilizan lenzos de doelas dispostas en posición vertical e atravesadas por cintas, noutros casos as doelas dispóñense en horizontal e as cintas van cravadas pola parte interna do corpo. Tras a restauración dos hórreos, as padieiras recubríronse con anchas táboas. As portas de acceso colócanse nos lados penais. A madeira na totalidade dos casos foi pintada de cor granate. As cubertas empregadas son a dúas augas e mediante tella curva. Aínda se poden apreciar na praza restos de soportes doutros hórreos hoxe desaparecidos.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha del inventario del patrimonio arquitectónico de Interés histórico artístico del Ministerio de Cultura.

volver a búsqueda