Canastros 9 a 11

mapa ficha

Referencia:

030242

Nomenclator:

3206204

Coord. UTM:

x: 59487300 y: 465258400

Concello:

Porqueira

Parroquia:

PORQUEIRA

Lugar:

Fontemoura

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastros 9 a 11

Descrición:

Conxunto de tres canastros de madeira, dous deles en mal estado de conservación e un terceiro que se atopa nun estado óptimo. Empezando por este último, pódese decir que está composto por tres parellas de pés sobre os que descansan tres mesas de pedra. Este é o soporte empregado para unha considerable cámara de madeira, cámara que se pecha nos lados costais mediante tres lenzos de doelas dispostas en posición vertical e atravesadas por faixas. Resérvanse os lados penais para as portas de acceso ó corpo do hórreo. Cuberta a dúas augas con tella curva. A estrutura dos outros dous exemplares é moi similar: empregan como soportes catro esteos e catro tornarratos en forma de roda. Sobre esta estrutura aséntanse as grades dos hórreos cunhas padieiras notablemente afectadas polo paso dos anos. Para o peche das cámaras emprégase nos lados costais dous lenzos de doelas dispostas en vertical e atravesadas por faixas. Nun dos canastros, na parte inferior das faixas crávanse uns balaustres en diagonal que serven para reforzar a unión entre as doelas. Precisan de varios soficos ó longo do perímetro das cámaras para que éstas se poidan manter en pé. As portas de acceso atópanse nos lados penais e constan de dúas follas sobrepostas, as inferiores de maior envergadura cás superiores. As cubertas a dúas augas empregando tella curva.

volver a búsqueda