Canastro 8

mapa ficha

Referencia:

030241

Nomenclator:

3206204

Coord. UTM:

x: 59486800 y: 465256100

Concello:

Porqueira

Parroquia:

PORQUEIRA

Lugar:

Fontemoura

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastro 8

Descrición:

Canastro de madeira formado por tres parellas de pés. Enriba dos esteos dos extremos descansan dúas mesas de pedra rectangulares con terminación circular nos seus lados menores, sobre os dous pés do medio repousan unhas pedras sen forma que fan as veces de tornarratos. A cámara péchase nos lados costais a través de dous paneis de doelas colocadas en vertical. As doelas aparecen atravesadas por cintas, debaixo das cales se cravan uns balaustres en diagonal que cumpren a función de reforzo de unión entre as doelas. Empréganse arredor da cámara varios soportes para ter man da cuberta. A porta atópase nun dos lados penais, é de dúas follas superpostas, sendo a superior de menor envergadura cá inferior. Cuberta a dúas augas con tella curva.

volver a búsqueda