Canastros 4 a 6

mapa ficha

Referencia:

030238

Nomenclator:

3206204

Coord. UTM:

x: 59492300 y: 465262300

Concello:

Porqueira

Parroquia:

PORQUEIRA

Lugar:

Fontemoura

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastros 4 a 6

Descrición:

Conxunto de tres canastros situados nunha beira da praza do pobo. Un dos hórreos é de reducidas dimensións e os outros dous exemplares xa son de maior envergadura. O máis pequeño consta de catro pés, enriba de dous deles descansa unha mesa de pedra e sobre os dous restantes outros tantos tornarratos en forma de roda. A pequena cámara cérrase nos lados costais mediante unha sucesión de doelas verticais unidas por cintas. Nun lado penal a madeira foi totalmente sustituída nunha reforma recente do canastro, de xeito que as doelas cambiáronse por unhas táboas anchas. A porta de entrada está no outro dos lados penais. Cuberta a dúas augas con tella romana. O segundo dos exemplares está formado por seis pés e outros tantos tornarratos en forma de roda. Enriba deste complexo descansa o corpo do hórreo, cerrado nos lados costais mediante tres paneis de doelas separados por columnas de madeira. As doelas, colocadas en posición vertical quedan unidas entre sí mediante cintas. Debaixo das cintas aprécianse cravados en diagonal uns balaustres que serven de reforzo para a unión entre doelas. A porta de acceso atópase nun dos lados penais. Cuberta a dúas augas con tella curva. O último canastro do conxunto consta de seis pés. Non se emprega ningunha modalidade de tornarratos, de xeito que sobre os esteos xa se apoia o corpo do hórreo. Este corpo péchase nos lados costais con tres lenzos de doelas verticais atravesadas por faixas. A porta de acceso notablemente alterada por engadidos posteriores ó seu estado orixinario, atópase nun dos lados penais. Cuberta a dúas augas con tella curva.

volver a búsqueda