Canastro 6

mapa ficha

Referencia:

030229

Nomenclator:

3206205

Coord. UTM:

x: 59758200 y: 465509400

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SABUCEDO

Lugar:

Toxal, O

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastro 6

Descrición:

Nun cruce de camiños da aldea do Toxal e debaixo dun gran carballo atópase este pequeno canastro de madeira. Está formado por catro pés, enriba dos cales se alzan unha mesa de pedra e dous tornarratos en forma de roda. Este é o soporte que ten man da cámara, unha cámara que se pecha nos lados costais a través de dous panos de doelas separados por unha columna de madeira. As doelas seguen unha disposición vertical, uníndose entre sí mediante faixas. Debaixo das faixas, uns balaustres cravados en diagonal serven de reforzo para a unión entre doelas. O mal estado dalgunhas destas última fixo que precisasen dun sobrereforzo, unhas anchas táboas cravadas en diversas posicións. Nun dos lados penais óptase polo mesmo sistema de cerre dos lados maiores, o outro queda reservado para a porta de acceso. Cuberta a dúas augas con tella curva.

volver a búsqueda