Capela de San Roque

mapa ficha

Referencia:

030221

Nomenclator:

3206205

Coord. UTM:

x: 59746478 y: 465510633

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SABUCEDO

Lugar:

Toxal, O

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Popular
Capela de San Roque

Descrición:

O día 19 de febreiro de 1857, Don Juan Gomez Coello cura párroco de San Mamede de Sobreganade e arcipestre do Val do Salas bendecía a capela do campo do Toxal, quedando os feligreses do lugar obrigados a conservala, reparala e tela provista de todo o preciso para celebrar nela o Santo Sacrificio da misa (Libro 34.13.9., fol192Vº).
 
É un edificio de gran sobriedade, presenta pranta rectangular e as paredes están levantadas a base de cachotería. Na fachada unha porta con arco rebaixado e ós lados da mesma dous estreitos vanos horizontais. Sinxela espadana dun corpo con arco que se asenta sobre basamento. Coroa todo o conxunto unha cruz latina pétrea cos brazos de sección romboidal tornando nos extremos en forma cadrada.
 
Nun dos muros menores, en concreto no do altar, apréciase un corte na construción que indica que o edificio con anterioridade debeu ter menor altura. É un dato curioso, porque antes de que se bendecise o templo a mediados do século XIX na documentación non aparece recollida para nada mencion algunha a esta capela.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-A.H.D.OU.
        Libro 34.13.9.
 

volver a búsqueda