Xacemento do Loural

mapa ficha

Referencia:

030219

Nomenclator:

3206205

Coord. UTM:

x: 59775989 y: 465310215

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SABUCEDO

Lugar:

Rial

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Xacementos Romanos

Subtipo:

Xacemento Romano

Etapa Histórica:

Época Romana

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento do Loural

Descrición:

Pola estrada OR-301 pasando o pobo de Sabucedo coller unha pista a man esquerda que leva ata a Capela da Virxe do Pé do Monte, ó lado ca casa reitoral. Percorrendo pola mesma uns 200 metros atopamos á man dereita unhas casas que chaman "O casal" / "O pazo", estando o xacemento marxeando coas mesmas.
Están estas terras nunha llanura asentada na media ladeira dun monte, bastante cercano ó lugar que chaman o Outerio. Foi neste último lugar onde se atopou a estela funeraria de Sabucedo no ano 1936.
 
As terras de O Loural están adicadas a labouras agrícolas, é un xacemento pouco alterado, aínda que según a ficha do inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta, as remocións de terra foron máis profundas do habitual dende que apareceu no lugar un muiño de man. A día de hoxe aínda se pode apreciar algún fragmento de tégula, según información extraída da documentación anteriormente citada durante a prospección, os veciños do pobo acordaban a desenterrar unha roda de muiño de man "ben traballadiño" e abondantes anacos de tégula e cerámica. Asimesmo falan da existencia no lugar dunha antiga cidade soterrada.
 
Non se pode determinar con moita precisión a extensión do xacemento por estar os arredores do mesmo adicados a prados e a monte.
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32062002.
 

volver a búsqueda