Fonte e lavadoiro

mapa ficha

Referencia:

030208

Nomenclator:

3206205

Coord. UTM:

x: 59810615 y: 465357114

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SABUCEDO

Lugar:

Rial

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de almacenamento de auga

Subtipo:

Fonte

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Fonte e lavadoiro

Descrición:

O corpo da fonte confórmao un gran perpiaño colocado en vertical e que remata en forma triangular. Nel está empotrado o cano que deixa caer a auga nun pequeno pilón rectangular que se veu utilizando como bebedeiro para os animais. Dende aquí a auga pasa para os dous lavadoiros, sendo o de menor tamaño empregado como aclaradoiro ó lavar a roupa. As paredes do lavadoiro son de perpiaños de boa labra, estando coroadas polas pedras de lavar lixeiramente inclinadas cara o interior da construción.

volver a búsqueda