Cruceiro 2

mapa ficha

Referencia:

030207

Nomenclator:

3206205

Coord. UTM:

x: 59808303 y: 465361239

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SABUCEDO

Lugar:

Rial

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Cruceiros

Subtipo:

Cruceiro

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Popular
Cruceiro 2

Descrición:

Cruceiro situado no medio do pobo de Sabucedo, ó pé dunha fonte-lavadoiro. Consta de plataforma de catro gradas, unha delas pouco visible xa que foi parcialmente cuberta polo asfalto do camiño. Sobre a plataforma un pedestal cúbico serve de encaixe para o varal cilíndrico. Un pequeno capitel xónico da paso á cruz, esta, latina de brazos cadrados que presenta a seguinte iconografía: no anverso un crucificado de tres cravos coa cabeza lixeiramente ladeada cara a dereita, as mans abertas e o pano de pureza coa lazada no lado dereito. O reverso é o lugar reservado para a Virxe, é unha Soidade de tosca talla apoiada en peaña que aparece cos dedos entrecollidos sobre o peito. A cabeza lixeiramente ladeada cara a dereita e as pregas da indumentaria moi rectas e rudas.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha del inventario del patrimonio arquitectónico de interés histórico artístico del Ministerio de Cultura.

volver a búsqueda