Igrexa parroquial de San Salvador

mapa ficha

Referencia:

030202

Nomenclator:

3206205

Coord. UTM:

x: 59818856 y: 465351162

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SABUCEDO

Lugar:

Rial

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Igrexas

Subtipo:

Igrexa

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Renacentista
Igrexa parroquial de San Salvador

Descrición:

No pobo de Sabucedo de Limia, antes da existencia desta igrexa funcionou como templo parroquial a que hoxe se conoce como capela da Nosa Señora de ó Pé do Monte. Xa na visita pastoral do ano 1583 se recolle: "visito la dicha yglesia (San Salvador) y la de santa maria de Sabuzedo que dizen es la antigua".
Os libros parroquiais cos que contamos para o estudio deste edificio parten de finais do século XVI. Pola visita parroquial de 1581(Libro 34.13.11., fol.6 bis Vº) mandaba o bispo que se fixese un retablo para o altar maior. Asentaríase a custodia no medio e colocaríanse nel a imaxen do Salvador e outras dúas imaxes máis de bulto redondo. Pero o mandato da súa Ilustrísima non foi atendido e na visita de 1586 (Libro 34.13.11., fol.48Vº) vólvese a insistir no mesmo tema, neste caso engadindo unha nota a maiores; que o retablo se fixese conforme ó que había na igrexa de San Martiño de Porqueira. Tres anos máis tarde a obra estaba en proceso de execución xa que na visita dese ano (Libro 34.13.11., fol.53)  aparece recollido "que prosigan con la obra del Retablo adelante hasta acaballo y asentallo". A pintura da obra correu a cargo do pintor de Ganade Gregorio Cuquejo, así se manda que se faga en 1592 (Libro 34.13.11., fol.59).
 
No ano 1668 (Libro 34.13.10., fol.11)  veuse abaixo unha parede e o teito da igrexa, así "concertose la pared en 51 ducados y dos fanegas de pan". No último tercio do século XVII encomendáronse para o templo dous retablos colaterais, ignórase o nome do executor das obras, nembargantes sábese que foron pintados polo mestre Pedro Diaz (Libro 34.13.10., fol.19Vº-20).
 
Cara 1690 (Libro 34.13.10., fol.88)  proxéctase unha nova obra na igrexa, pero desta vez de cantería; "la sacristia de san salvador era pequeña y se estava caiendo a cimentis.. ..para alargarla y acerla de nuevo como esta echa consertosse la canteria con Sebastian Garcia maestro vecino de Zelanova en 534 reales mas once tegas de pan". "hizose el techo de dicha sacristia y el mismo maestro lo baxo a otros postores en 398 reales". Co gallo desta obra, o muro do adro sufriu moitos desperfectos, así se plasma na visita parroquial de 1694 (Libro 34.13.10., fol.90) ; " a bisto que el atrio de la yglesia de san Salvador esta abierto y aruinado; y la causa dice el abad a sido la obra de la sacristia para entrar las piedras y carretos.. ..".
 
Na visita parroquial do ano 1722  (Libro 34.13.14., fol.36Vº)  "reconocido lo estrecho de los colaterales y poca decencia que tienen.. ..se mande 200 ducados para hacer dos retablos colaterales de buena forma y escultura y que no sean delicados los quales ayan de estar mirando uno al otro y cojiendo en medio el rincon de la pared".  A encomenda non se fixo esperar, de feito en 1724 os dous retablos xa estaban acabados, así o reflexa a carta de pago do escultor (Libro 34.13.14., fol.40): Sabucedo y março 8 de 1724 . Digo yo Joseph Seguin vecino de Raeriz de Vega y Maestro de excultura y archiquitectura que recivi del caudal de primicias de San Salvador de sabucedo dos mil trecientos y cinquenta reales de vellon los mesmos que importo el conste de los dos retablos coletorales con sus ymagenes y una urna para Jueves Santo que se fabricaron para dicha yglesia y para que conste lo firmo en dicho dia mes y año".
 
A pintura correu a cargo do mestre Tomás González veciño da vila de Celanova, tamén neste caso se conserva a carta de pago do pintor (Libro 34.13.14., fol.67Vº): Digo Yo Thomas Gonzalez pintor vezino de la villa de Celanova que recivi de mano de Francisco Rodriguez y de Don Joseph de Penin vezinos de esta feligresia de San Salvador de Sabuzedo de limia depositarios de el caudal de las primicias de esta dicha feligresia quatro mill y cien reales de vellon con mas mill reales que salieron de el centellero (o vendido á capela do Santo Cristo da Catedral de Ourense) que me entrego el señor Don Pedro Baldes abbad de esta feligresia que con los quatro mill hacen cinco mill y cien reales de vellon.. ..y todo este dinero fue para la pintura de los dos retablos colaterales de la yglesia de San Salvador de Sabuzedo de limia.. ..fecho en sabuzedo a quatro dias de el mes de febrero de mill setecientos y treinta y seis".
 
Na década dos 50 (Libro 34.13.9., fol.20) a fábrica da igrexa viuse inmersa nun novo gasto, neste caso a feitura dun novo retablo maior; "en el año de mil siete cientos y cinquenta y tres los feligreses y yo ajustamos el retablo mayor de la yglesia de San Salvador con el Padre fray Pedro Pasqual Garcia religioso de Nuestra Señora de la Merced maestro de escultura y arquitectura con licencia que para esto tube de el Ylustrisimo Señor obispo de orense Agustin de Eura, y lo ajustamos en quinientos ducados y despues por haversele añadido mas obra, se ajustó en siete mil y quinientos reales. Se comenzó a hacer en el año de mil siete cientos y cinquenta y cinco por julio y se acabó en el de cinquenta y seis por agosto en cuyo tiempo fue Dios servido de llamar a juicio al dicho fray Pedro, (o 2 de agosto de 1756) y esta enterrado en la capilla mayor de San Salvador como consta de el libro de difuntos.. ..".  Tras a morte do escultor, a obra parece que non estaba totalmente rematada, así nunha nota extraída das contas do ano 1764 (Libro 34.13.9., fol.29) refléxase unha data de "dos mil quatrocientos y cinquenta reales a Pedro Garcia Maestro de escultor que acabo de perfecionar la obra". A pintura do retablo correu a cargo do mestre Carlos Rodríguez de Camba, axustada na cantidade de doce mil reais (Libro 34.13.9., fol.60). Este axuste non se produce ata o ano 1788.
 
A igrexa conta cunha nave de planta rectangular e un amplio presbiterio de maior altura. Tras a capela maior atópase unha pequena sancristía. As paredes están levantadas a base de perpiaños de boa labra.
 
Na fachada -flanqueada por dúas grandes pilastras- sobresae unha sinxela pero elegante portada. Está enmarcada tamén por pilastras que teñen man dun entaboamento, culminando o proceso un frontón triangular que carece de decoración no seu tímpano. O frontón atópase entre dous pináculos rematados en bola. A porta concibida como un arco semicircular presenta o seu intradós moldurado, estando dito arco apoiado sobre impostas. O templo conta con outra porta no lado norte, neste caso é alintelada. Ós lados do óculo aprécianse uns cortes na fábrica da fachada debido ás ansias de dar maior altura á mesma. A espadana consta dun só corpo, os machóns son apilastrados e entre o remate dos mesmos e o comezo do arranque dos arcos media unha cornixa. Este mesmo elemento volve aparecer entre o corpo e o interesante frontón de perfil cóncavo. No tímpano un óculo. O citado frontón aparece rematado por unha cruz de metal apoiada nun elemento decorativo pétreo. Distribución por todo o edificio de pináculos piramidais (ángulos da capela maior, extremos da fachada etc.).
  
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do Inventario do Patrimonio Arquitectónico de Interés Histórico Artístico do Ministerio de Cultura.
-A.H.D.OU.
        Libro 34.13.11
        Libro 34.13.10
        Libro 34.13.9
        Libro 34.13.14
 
BIBLIOGRAFÍA:
-DE JUANA LÓPEZ, J.: A Alta Limia. A Terra que medrou vencellada a unha Lagoa, Ir Indo Edicións, Vigo, 1993, pp.96.

volver a búsqueda