Cruceiro

mapa ficha

Referencia:

030200

Nomenclator:

3206205

Coord. UTM:

x: 59810500 y: 465356300

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SABUCEDO

Lugar:

Rial

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Cruceiros

Subtipo:

Cruceiro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Cruceiro

Descrición:

Está situado nun patio dunha casa particular e está formado por unha plataforma dunha soa grada e un pedestal cúbico. O varal é cadrado coas arestas lixeiramente rebaixadas. Sobre un capitel liso póusase unha cruz de calte con pedestal propio. Este feito engadido á diferente coloración e desgaste da pedra leva a pensar que a cruz non se corresponde co resto do cruceiro. Presúmese que a cruz é máis antiga e foi encargado o resto do conxunto para transformala no cruceiro que hoxe é. A cruz no cuadrón central presenta dous cadrados, un máis pequeno inscrito noutro de maior tamaño.

volver a búsqueda