Xacemento do Soutullo

mapa ficha

Referencia:

030197

Nomenclator:

3206205

Coord. UTM:

x: 59867700 y: 465384000

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SABUCEDO

Lugar:

Penin Novo

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Xacementos Romanos

Subtipo:

Xacemento Romano

Etapa Histórica:

Época Romana

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento do Soutullo

Descrición:

Pola estrada provincial pasando o pobo de Penin Novo, a altura do punto quilométrico 8,800 desviarse á man dereita por unha pista asfaltada que volve cara a aldea anteriormente mencionada. Percorrerase pola mesma uns 200 metros e á parte de abaixo dela xa se atopa o xacemento.
 
Estas terras aséntanse nunha ruptura de pendente xusto onde remata a chaira e comeza a ladeira, a día de hoxe só unha finca está roturada para traballos agrícolas o resto do terreo está adicado a praderíos e a monte. Nesa finca traballada é onde se poden apreciar os restos no resto non se pode apreciar nada.
Aparecen no lugar notables cantidades de fragmentos de tégulas, ladrillos e cerámica. Todo este material permite que se cataloguen estas terras como xacemento de época romana.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32062005.
 

volver a búsqueda