Xacemento das Mouruás

mapa ficha

Referencia:

030189

Nomenclator:

3206205

Coord. UTM:

x: 59799044 y: 465443396

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SABUCEDO

Lugar:

Agro, O

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Xacementos Romanos

Subtipo:

Xacemento Romano

Etapa Histórica:

Época Romana

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento das Mouruás

Descrición:

Pola estrada provincial OR-301 uns metros antes do punto quilométrico 9 coller á man dereita por unha pista asfaltada da concentración parcelaria que pasa pola aldea de O Agro. Dende o desvio da OR-301 percorrer todo recto -atópanse no percorrido dúas pistas que cortan en perpendicular a traxectoria que se debe seguir- pola mencionada pista uns 950 metros e á man esquerda da pista xa se atopa o xacemento.
 
Este xacemento atópase no medio da gran chaira, nunhas terras que na actualidade se adican ó cultivo de cereais e pataca. Ó labrar as terras para este fin foron aparecendo grandes cantidades de anacos de ladrillos e tégulas, así como algunha pedra granítica que parecía estar labrada. Moitas das tégulas aparecen rubrefactadas e deformes, pero ademáis a terreo polo que se extensen os restos tampouco é moi amplo. Estes dous feitos pode levar á conclusión de que se está ante un lugar adicado á manufacturación deste tipo de materiais que aparecen.
 
A día de hoxe aínda se poden apreciar grande cantidade destes restos que se describiron.
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32062006.

volver a búsqueda