Xacemento "Castro da Cidade"

mapa ficha

Referencia:

030187

Nomenclator:

3206203

Coord. UTM:

x: 59600324 y: 465134386

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SAN MARTIÑO DE PORQUEIRA

Lugar:

Xocín

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Castros

Subtipo:

Castro

Etapa Histórica:

Idade do Ferro

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento

Descrición:

Pola estrada provincial OR-301 unha vez que se chega ó pobo de Xocín atravesamos o mesmo para coller cara o núcleo próximo de Faramiñás, a altura das últimas casas de Xocín seguir por unha pista de terra en dirección sur. Despois de percorrer uns 3 Qms chégase ata o xacemento. Un acceso máis sinxelo é dende a parte de Calvos de Randín, non obstante dende aquí o castro é moito menos visible.
 
A maior parte da superficie que ocupa A Cidade pertence ó concello de Calvos de Randín, sen embargo as súas ladeiras máis septentrionais exténdense a terras de Porqueira.
 
Localízase nun outeiro rochoso nas últimas estribacións dunha pequena dorsal delimitada por dous cursos de auga que caen bruscamente ata a zona da chaira da Limia. É este un castro de planta oval, cunhas medidas aproximadas duns 150 x 130m. Consta de croa e catro plataformas habitacionais.
A Croa mide aproximadamente 30 x 20m. E está delimitada polo lado norte por unhas pedras graníticas.
 
A primeira plataforma sitúase no lado norte da croa, estando tamén delimitada por un conxunto de pedras graníticas. Ten un ancho aproximado duns 30m. A segunda plataforma tamén se extende principalmente cara o norte, aínda que tamén o fai cara o leste e o oeste. Atópase bordeada ó longo do seu perímetro por unha muralla de pedras menudas que cumpre unha dobre función: por un lado ten un carácter defensivo ó tempo que serve como muro de contención da terra. A terceira terraza tamén está delimitada por un muro de pedra menuda, corre paralela á segunda polo seu lado este. A cuarta e última plataforma distribúese ó longo de todo o perímetro do castro a excepción do lado sur, é a máis extensa.
 
O castro contaba con boas defensas no seu lado máis externo, contaba cunha consistente muralla de pedra que nalgúns tramos chegaba a alcanzar os 8 metros de altura (por exemplo no lado norte). A esto débese engadir que na zona meridional -a máis accesible- se reforzaba a defensa cun foso.
 
Segundo as fichas do inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta en superficie puideron apreciar fragmentos de cerámica castrexa de pastas negras e superficies de cor marrón, algún cuello facetado. A día de hoxe non se aprecia nada xa que o terreo que ocupa a superficie do castro está totalmente cuberto dunha mesta maleza, sobre todo altas xestas.
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do Inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32016025

volver a búsqueda