Canastros 11 - 12

mapa ficha

Referencia:

030183

Nomenclator:

3206203

Coord. UTM:

x: 59637600 y: 465235500

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SAN MARTIÑO DE PORQUEIRA

Lugar:

Xocín

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastros 11 - 12

Descrición:

Parella de canastros de madeira en mal estado de conservación. O da esquerda conta con tres parellas de pés e tres mesas de pedra, todo o conxunto de pedra ben labrada. Enriba destes soportes descansa a cámara de madeira que se pecha nos lados costais mediante tres lenzos de doelas separados por columnas de madeira. As doelas seguen unha disposición vertical e únense entre sí a través de faixas, debaixo destas, uns balaustres cravados en diagonal fan as veces de reforzar a unión entre doelas. Nos dous lados penais outras tantas portas de acceso á cámara. Arredor do perímetro do canastro crávanse varias táboas enriba das doelas para manter a súa unión. Cuberta a dúas augas con tella curva. O outro exemplar está composto por catro pés, enriba dunha parella descansa unha mesa de pedra e sobre os outros dous cadanseu tornarratos con forma de roda. O corpo do canastro péchase mediante unha sucesión de balaustres atravesados por faixas, reservando un dos lados penais para a porta de entrada. O claro que queda entre os pés pechouse para facer un galiñeiro. Cuberta a dúas augas con fibrocemento.

volver a búsqueda