Canastros 7 - 8

mapa ficha

Referencia:

030180

Nomenclator:

3206203

Coord. UTM:

x: 59637000 y: 465229600

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SAN MARTIÑO DE PORQUEIRA

Lugar:

Xocín

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastros 7 - 8

Descrición:

Nunha especie de aira neste pobo de Xocín atópanse estes dous canastros de madeira. O da esquerda de maiores dimensións, está composto por tres parellas de esteos. Sobre unha das parellas álzase unha mesa de pedra e enriba dos outros catro pés cadanseu tornarratos en forma de roda. Neste entramado descansa a cámara de madeira, pechada nos lados costais mediante tres lenzos de doelas de disposición vertical. As doelas únense entre sí con cintas horizontais. Nun dos lados penais atópase a porta de acceso, para subir ata ela emprégase un perpiaño e enriba deste un tornarratos de forma circular doutro canastro próximo desaparecido. Cuberta a dúas augas con tella francesa. O compañeiro é un hórreo de reducidas dimensións, cunha cámara de madeira que se apioa en dúas parellas de esteos e dúas mesas de pedra. Como peche da cámara óptase por unha sucesión de doelas dispostas en sentido vertical atravesadas por faixas. A porta de entrada atópase nun dos lados penais. Cuberta a dúas augas con tella curva.

volver a búsqueda