Canastro 7

mapa ficha

Referencia:

030162

Nomenclator:

3206203

Coord. UTM:

x: 59664100 y: 465300400

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SAN MARTIÑO DE PORQUEIRA

Lugar:

Faramontaos

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastro 7

Descrición:

Canastro de madeira de considerables proporcións. Emprega tres parellas de esteos sobre os que se alzan tres mesas pedra rectangulares con terminación circular nos lados menores. A cámara, pintada de cor vermello escuro, cérrase nos lados costais mediante unha serie de balaustres con disposición vertical. Os balaustres agrúpanse en catro lenzos separados por columnas de madeira, uníndose entre sí os balaustres mediante cintas. A porta de entrada atópase nun dos lados penais. Varios soficos colocados ó longo do perímetro da cámara velan pola estabilidade do hórreo. Nos claros que quedan entre as parellas de esteos, aproveitouse o terreo para construír un galiñeiro. Cuberta a dúas augas con tella curva.

volver a búsqueda