Canastros 3 - 4

mapa ficha

Referencia:

030159

Nomenclator:

3206203

Coord. UTM:

x: 59669400 y: 465303200

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SAN MARTIÑO DE PORQUEIRA

Lugar:

Faramontaos

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastros 3 - 4

Descrición:

Parella de canastros de madeira, un deles en óptimo estado de conservación e o outro en estado de ruina. O mellor conservado está composto por tres parellas de pés que teñen man de tres mesas de pedra rectangulares con terminación circular nos seus lados menores. A cámara, de considerables dimensións péchase nos lados costais mediante tres paneis de doelas separadas por columnas de madeira. As doelas seguen unha disposición vertical e únense mediante cintas. Debaixo das cintas, uns balaustres cravados en diagonal serven de reforzo para a unión entre as doelas. A porta de entrada ó corpo do hórreo sitúase nun lado penal. Cuberta a dúas augas con tella curva. O segundo exemplar xa só consta de catro pés e dúas mesas. Na madeira da cámara apréciase a mella que nela fixo o paso dos anos, se ben é certo que a cámara se cerraba mediante unha sucesión de balaustres colocados en sentido vertical, tamén é verdade que estes balaustres tiveron que ser reforzados cravando sobre eles varias táboas irregulares en sentido horizontal. Cuberta a dúas augas con tella curva.

volver a búsqueda