Canastros 7 - 8

mapa ficha

Referencia:

030155

Nomenclator:

3206203

Coord. UTM:

x: 59594800 y: 465232900

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SAN MARTIÑO DE PORQUEIRA

Lugar:

Faramiñás

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastros 7 - 8

Descrición:

Par de canastros de madeira en estado de abandono. Un deles é de pequenas dimensións, estando a cámara asentada enriba de catro pedra amorfas e de pouca altura. Deste xeito o corpo do canastro apenas se pode ventilar, xa que tan só levanta uns palmos do chan. A cámara cérrase nos lados costais e nun dos lados penais mediante unha sucesión de balaustres colocados en posición vertical e atravesados por cintas. O outro lado penal resérvase para a porta de entrada. Cuberta a dúas augas con tella curva. O segundo exemplar xa conta cunhas dimensións máis considerables. A modo de soportes empréganse tres parellas de esteos, enriba das dúas parellas dos extremos álzanse dúas mesas de pedra rectangulares e sobre os dous pés do centro dous tornarratos en forma de roda. Tres lenzos de doelas separadas por columnas de madeira pechan a cámara nos lados costais. As doelas seguen unha disposición vertical e únense entre sí mediante faixas. Debaixo das faixas uns balaustres cravados en diagonal reforzan a unión entre doelas. A porta de acceso á cámara atópase nun dos lados penais. Arredor do corpo do hórreo varios soficos teñen man da cuberta e da cámara para que non se veñan abaixo. Cuberta a dúas augas con tella curva.

volver a búsqueda