Fonte e lavadoiro

mapa ficha

Referencia:

030152

Nomenclator:

3206203

Coord. UTM:

x: 59601600 y: 465230900

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SAN MARTIÑO DE PORQUEIRA

Lugar:

Faramiñás

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de almacenamento de auga

Subtipo:

Fonte

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Fonte e lavadoiro

Descrición:

Fonte tipo pozo embutida no medio dun gran muro de perpiaños que serve de muro de contención para salvar o desnivel do terreo. A fonte non ten moita profundidade e a súa base é cadrada. As paredes son do mesmo material có resto do muro, do mesmo xeito cá cuberta que é plana. Na parte anterior da cuberta unha gran pedra a modo de frontón triangular conserva unha inscripción que facilita o ano de factura da obra: "1954", así como unhas iniciais: "H L P O". A parte anterior a día de hoxe atópase descuberta por enriba do peitoril, aínda que os rebaixes das pedras evidencian que tivo unha porta. Na parte dereita da fonte unha pedra cadrada fai as veces de pousadoiro.
 
A auga sae da fonte e mediante un cano pétreo é conducida ata o lavadoiro -situado nun nivel bastante máis baixo-, é máis ou menos cadrado, as paredes son de pedra granítica. Para lavar a roupa en vez de ter lousas de pedra corridas utilízanse seis pedras indivudualizadas.
 
Á man dereita deste conxunto atópase o forno comunal en moi mal estado de conservación. Todo o entorno sufre un estado de abandono acuciante, está notablemente inzado de maleza.

volver a búsqueda