Conxunto de 4 canastros

mapa ficha

Referencia:

030150

Nomenclator:

3206203

Coord. UTM:

x: 59607200 y: 465238100

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SAN MARTIÑO DE PORQUEIRA

Lugar:

Faramiñás

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Conxunto de 4 canastros

Descrición:

Conxunto de catro canastros de madeira, o primeiro deles, que se atopa á dereita na fotografía consta de tres parellas de pés de diferente altura para salvar o desnivel do terreo. Enriba de cada parella de esteos descansa unha mesa de pedra. Todo este entramado é o soporte no que se apoia a cámara, unha cámara cerrada non lados costais mediante tres panos de doelas separados por columnas de madeira. As doelas seguen unha disposición vertical e únense entre sí a través de cintas. Debaixo das cintas uns balaustres cravados en diagonal serven de reforzo na unión entre doelas. Cuberta a dúas augas con tella francesa. Dos tres canastros restantes, un está formado por catro pés e unha parella de mesas de pedra, sen embargo, os pés en vez de estar en posición vertical atópanse en posición horizontal. Deste xeito a cámara queda pouco ventilada, apenas se alza unha cuartas do chan. O corpo do hórreo cérrase mediante unha sucesión de doelas con disposición vertical e atravesadas por cintas. A porta de acceso atópase nun dos lados penais. Cuberta a duas augas con tella curva. Os dous hórreos restantes presentan unhas características moi similares, ambos constan de dúas parellas de pés só que un emprega catro tornarratos en forma de roda e o outro dúas mesas de pedra. Polo demáis as cámaras péchanse mediante unha sucesión de balaustres de madeira atravesados por faixas como elementos de unión. As portas de acceso ó corpo dos canastros como soe ser común atópanse nos lados penais. Cubertos os canastros a dúas augas con tella curva. Este conxunto no seu día contaba cun maior número de exemplares, de feito paralelo ó camiño que se aprecia na fotografía inda se pode contemplar os catro pés e as dúas mesas doutro hórreo.

volver a búsqueda