Fonte e lavadoiro

mapa ficha

Referencia:

030148

Nomenclator:

3206206

Coord. UTM:

x: 59891200 y: 465271200

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SOBREGANADE

Lugar:

Soutelo

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de almacenamento de auga

Subtipo:

Fonte

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Popular
Fonte e lavadoiro

Descrición:

Fonte tipo pozo de base máis ou menos cadrada. As paredes son de perpiaños ben labrados, quedando a parte anterior aberta -aínda que preservada por unha cancela de ferro- para poder ter acceso á auga. Cuberta plana con tres perpiaños. Obras recentes no entorno inmediato da fonte causaron a seca do manantial que abastecía á fonte.
 
O lavadoiro presenta forma rectangular e está realizado mediante perpiaños graníticos. Os perpiaños aparecen coroados por outros colocados en posición horizontal e inclinados cara a parte interior, son os que fan as veces de pedras de lavar. A fonte inmediata non é a que abastece ó lavadoiro da auga que precisa, senón que ven encanada do depósito que suministra ás casas do pobo. Presenta unha cuberta a dúas augas con armazón de ferro e fibrocemento enriba, este entramado está apoiado dun lado nunha columnas de formigón e do outro nuns esteos de bloques de cemento.

volver a búsqueda