Fonte e lavadoiro 2

mapa ficha

Referencia:

030140

Nomenclator:

3206206

Coord. UTM:

x: 59870100 y: 465123400

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SOBREGANADE

Lugar:

Rosendo

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de almacenamento de auga

Subtipo:

Fonte

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Popular
Fonte e lavadoiro 2

Descrición:

Este conxunto está formado por unha fonte tipo pozo e un lavadoiro. A fonte é de base cadrada a as paredes levantáronse de perpiaños colocados en seco. A parte anterior está aberta e resgardada mediante unha cancela de ferro. Cuberta a dúas augas con pouca inclinación, no cumio utilízase tella curva.
 
A auga sae da fonte cara unha pequena pía de pedra e dende aquí decorre cara o lavadoiro. O lavadoiro desdibuxa unha forma máis ou menos cadrada, só conserva un dos seus catro lados de pedra, o resto é de cemento. Podemos ler nel a data de 1980 que correspondería coa remodelación do mesmo, dándolle o aspecto que hoxe conserva.

volver a búsqueda