Fonte e lavadoiro 1

mapa ficha

Referencia:

030139

Nomenclator:

3206206

Coord. UTM:

x: 59861500 y: 465135600

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SOBREGANADE

Lugar:

Rosendo

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de almacenamento de auga

Subtipo:

Fonte

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Popular
Fonte e lavadoiro 1

Descrición:

Este núcleo de Rosendo a pesar de ser bastante reducido, conserva varias construccións adicadas ó aproveitamento doméstico da auga. Este primeiro complexo está formado por unha fonte tipo pozo de base máis o menos cadrada, as paredes son de perpiaños de bastante boa labra. A parte anterior aparece totalmente aberta -a excepción do peitoril- para poder ter acceso á auga, aínda que resgardada por unha cancela de ferro. Para a cuberta tamén se opta pola solución dos perpiaños, neste caso é unha cuberta que carece de inclinación, plana. Na parte anterior presenta un bloque de pedra triangular de grandes dimensións cunha imaxe da Virxe do Carme no seu punto central.
 
A auga sae da fonte e é conducida medinte un pequeno tramo de canle pétrea ata un pilón rectangular de reducidas dimensións. Dende aquí a auga decorre cara o lavadoiro que tamén debuxa un rectángulo. O as paredes do lavadoiro tamén se levantan cuns perpiaños de boa labra e están coroadas por unhas pedras inclinadas cara o interior, sendo sobre éstas sobre as que se lava a roupa.

volver a búsqueda