Capela de Santomé

mapa ficha

Referencia:

030136

Nomenclator:

3206206

Coord. UTM:

x: 60001700 y: 465119800

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SOBREGANADE

Lugar:

Nocelo

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Capela de Santomé

Descrición:

A ermida de Santo Tomé de Nocelo remóntase cando menos ó século XVII, nestes momentos cítase por primeira vez na documentación da igrexa parroquial. Na visita pastoral do ano 1679 deixase constancia que na parroquia de Sobreganade hai dúas capelas, a da Virxe do Carme de Veiga e a de Santo Tomé na aldea de Nocelo, as dúas estaban coa decencia suficiente para poder oficiar o culto divino (Libro 34.9.23., fol.49Vº).
 
É unha pequena ermida cunha nave rectangular que alza os seus muros a base de cachotería e perpiaños irregulares, estes últimos reservados máis ben para a fachada. A porta de acceso á alintelada e carente de calquera tipo de decoración. Sinxela espadana asentada sobre basamento. Corpo dun só arco coroado por unha cruz latina pétrea.Cuberta a dúas augas con tella francesa.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do Inventario do Patrimonio Arquitectónico de Interés Histórico Artístico do Ministerio de Cultura.
-A.H.D.OU.
        Libro 34.9.23.
 
 

volver a búsqueda