Xacemento do Carrilano

mapa ficha

Referencia:

030133

Nomenclator:

3206201

Coord. UTM:

x: 59380110 y: 465336500

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SAN LOURENZO DE ABELEDA

Lugar:

San Lourenzo

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Xacementos Indeterminados

Subtipo:

Xacemento Indeterminado

Etapa Histórica:

Época Romana

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento do Carrilano

Descrición:

Para acceder ata o lugar, séguese pola estrada provincial OR-301 ata as últimas casas do pobo de San Lourenzo, uns metros antes do punto kilométrico 14. Dende aquí, en dirección norte parte unha pista asfaltada da concentración parcelaria que se a de percorrer ata alcanzar un cruce con outra pista tamén asfaltada (a dereita cóllese cara Xinzo e á esquerda cara Ponte Linares). A xacemento atópase neste cruce entre as dúas primeiras pistas de terra da concentración en dirección Ponte Linares.
 
Os traballos agrícolas que se viñeron realizando ó longo dos anos nesta gran chaira da Limia onde se atopa o xacemento, puxeron en evidencia gran cantidade de anacos de tégulas, ladrillos ou pedras graníticas con síntomas de estaren labradas. Os veciños do lugar próximo de San Lourenzo falan da existencia neste lugar dunha antiga cidade que quedou soterrada. Hoxe as terras están a lameiro,de tódolos xeitos aínda se pode apreciar na superficie algún anaco de tégula.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32062004

volver a búsqueda