Igrexa parroquial de San Lourenzo

mapa ficha

Referencia:

030132

Nomenclator:

3206201

Coord. UTM:

x: 59408212 y: 465226139

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SAN LOURENZO DE ABELEDA

Lugar:

San Lourenzo

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Igrexas

Subtipo:

Igrexa

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Barroco
Igrexa parroquial de San Lourenzo

Descrición:

Esta igrexa de San Lourenzo foi anexo do priorato de Santa María de Porqueira. As referencias documentais acerca deste templo hai que extraelas dos libros parroquiais da matriz.
 
Na década dos 50 do século XVII encárganse dous retablos colaterais ó escultor de Xinzo de Limia José de Villarino (Libro 34.9.21., fol.12). Por un deles, o de San Miguel, pagaron os feligreses 300 reais e polo outro 320 porque segundo a documentación era un pouco mellor. Este último estaba situado do lado da epístola e ía ser o encargado de albergar as imaxes da Nosa Señora, San Pedro e San Francisco. As fontes non fan ningún tipo de referencia á pintura destas dúas obras ata as contas que abarcan os anos 1702-1705, onde se reflexa que a pintura dos retablos colaterais importou 640 reais (Libro 34.9.21., fol.54Vº).
 
Importantes obras se realizaron no templo no primeiro tercio do século XIX, así se desprende do axuste das contas da fábrica da igrexa no arco cronolóxico 1825-1829; "Se hizo de nuevo la sacristia: se baldosó y marqueó toda la yglesia: el presbiterio con seis nichos: la pila bautismal y su sitio: se rasgó la puerta principal deshaciendo un gran peñasco que ocupaba su sitio, y el de dicha pila: la mayor parte de la escalera de la tribuna: un cuerpo de la espadana con barios reparos en la pared del atrio: Dos altares a la romana, en cuyas obras se ocuparon porcion de tiempo barios canteros, a quienes se les pago por dichos depositarios según sus recivos que vencieron de jornales a seco la cantidad de once mil ciento y siete reales vellon". "Tambien se compro porcion de madera para cubrir la sacristia; arca grande de la primicia; rejado de la pila bautismal; reparos de confesionarios, tapadera de dicha pila: para los cajones de la ropa, alacenas, subida para el campanario con el cepo de la campana, y para las puerta principales, y composicion de la trabiesa que tubo de coste, pagó y se le abona a dicho depositario la cantidad de ciento ochenta y un reales". "Del mismo modo se le abonan devengados por los carpinteros en las obras de esta clase la cantidad de ochocientos cinco reales que resultta haver satisfecho.. .., inclusa manutencion". "Ytem noventa y tres reales que tubo de coste el carbon que se gasto en la fragua que se construyó para la composición de picos, y mas herramientas en el arranque y desbaste de la piedra". "tambien se le abonan siete reales que pago y tubo de coste el azufre para emporlonar, y grasa para los fuelles de la fragua (Libro 34.9.21., fol.162)". No resumo final das contas, o prior advirte que ".. ..no ban inclusas barias cantidades que ha suplido el Señor Prior, para pintar los retablos, y aun para las mismas obras que ban manifestadas.. ..".
 
Na visita parroquial de outubro de 1829 (Libro 34.9.3. BIS, fol.59Vº), faise a seguinte descripción da igrexa: "Y en la de San Lorenzo de Abeleda el (altar) mayor dedicado en honor del glorioso martir San Lorenzo Levita, el colateral del evangelio de Nuestra Señora del Rosario, y el de la epístola del Arcángel San Miguel todos los cuales se hallaron con decencia y habilitados.. .."
 
No seguinte resumo de contas do templo, de principios da década dos 30 do século XIX fala dunha man de pintura que se lles da ós colaterais (Libro 34.9.21., fol.167); "Costo la pinttura de los dos alttares de los costtados, y los cristtales para las ventanas de dicha yglesia 216 reales". Polas mismas datas lévase a cabo a factura do cemiterio por un importe de 815 reais (Libro 34.9.21., fol.170Vº).
 
No resumo de contas da igrexa que abarcan os anos 1837-1852 (Libro 34.9.21., fol.171Vº) faise referencia ó pagamento de 600 reais por "dos altares que mande hacer a la romana", así como a outra cantidade de 1500 reais para axuda da realización da sacristía.
 
O edificio que chegou ata os nosos días consta dunha pranta rectangular que se prolonga na capela maior prácticamente á mesma altura, as paredes están realizadas en perpiaños, variando a calidade da labra nos diferentes dependencias. No lado norte proxéctase a sancristía, concebida a menor altura có resto do edificio. Na nave cabe destacar as dúas ringleiras de canzorros lisos que teñen man da cornixa. Está servida por dúas portas, unha delas na parede do lado norte, é unha porta arquitrabada sen ningún tipo de decoración. A outra correspóndese coa portada da fachada, aínda se percibe perfectamente cando estaba proxectada como un van con arco de medio punto. Despois das reformas que se viron no análise da documentación, a portada transformouse nun oco alintelado e marqueado.
Campa na mencionada fachada unha espadana de dous corpos asentada sobre un basamento con cornixa. O corpo inferior formado por dous arcos xemelgos con cornixa no arranque dos arcos. O segundo corpo está formado por un só arco, remata formando un triángulo e todo o conxunto aparece coroado por unha cruz latina cos brazos de sección romboidal entre dous pináculos piramidais con remates de bolas.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha del Inventario del Patrimonio Arquitectónico de Interés Histórico Artístico del Ministerio de Cultura.
-A.H.D.OU.
        Libro 35.9.21.
        Libro 35.9.3.BIS.
 
BIBLIOGRAFÍA:
-DE JUANA LÓPEZ, J.: A Alta Limia. A Terra que medrou vencellada a unha Lagoa, Ir Indo Edicións, Vigo, 1993, p.94.
 
 

volver a búsqueda