As Cruces

mapa ficha

Referencia:

030126

Nomenclator:

3206201

Coord. UTM:

x: 59406600 y: 465224700

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SAN LOURENZO DE ABELEDA

Lugar:

San Lourenzo

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Viacrucis

Subtipo:

Viacrucis

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
As Cruces

Descrición:

En orixe era un total de doce exemplares que formaban un via crucis. De todas elas a día de hoxe só se conservan no pobo dúas, localizándose outra delas no próximo pobo de Reboreda. A primeira atópase moi preto da igrexa ó pé da parede dunha casa. É unha cruz latina encravada nun pedestal cúbico. A cruz empeza de sección cadrada, pasando enseguida a ser octogonal para logo rematar nos cabos da cruz outra vez en cadrado.
 
O segundo dos exemplares atópase nas aforas do pobo e está apoiado nun afloramento de rocha natural. Enriba da rocha repousa unha plataforma de perpiaños con encinte de cemento, sendo este o elemento no que descansa o pedestal que no seu momento foi cúbico aínda que hoxe perdeu a súa forma orixinaria porque está partido. A cruz obedece ás mesmas características da anterior.

volver a búsqueda