Casa

mapa ficha

Referencia:

030125

Nomenclator:

3206201

Coord. UTM:

x: 59408400 y: 465229500

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SAN LOURENZO DE ABELEDA

Lugar:

San Lourenzo

Tipoloxía:

Arquitectura Defensiva

Tipo:

Casas Fortes

Subtipo:

Casa Forte

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Casa

Descrición:

Casa de planta rectangular composta de baixo e unha planta alta. A fachada principal está feita de perpiaños con fino encinte de cor branco, esto non sucede na lateral e na posterior que se emprega cachotería concertada. Na fachada lateral os cachotes presentan ancho encinte de cor branco e na posterior apenas se poden ver algúns restos deste elemento. A casa na pranta baixa presenta un total de sete vans, cinco na fachada anterior e dous na lateral. Todos eles empregan portas e fiestras alinteladas de madeira con contras a excepción dunha fiestra que é de aluminio. Enriba da lumieira do portalón da fachada principal unha inscripción dátanos a obra no ano 1877.
 
Na pranta alta unha solaina de escasa anchura sobre a que voa o tellado da cuberta ocupa a maior parte da lonxitude da fachada principal. Esta solaina está dividida pola metade, unha delas foi convertida en galería de aluminio e a outra está protexida cunha varanda de ferro. A pranta alta presenta tamén varios vans alintelados neste caso repartidos polas tres fachadas.
 
Cabe destacar dous elementos defensivos que presenta esta casa; un deles localizado na fachada anterior na parte esquerda e o outro no ángulo formado pola parede posterior e pola penal. Estes elementos defensivos están realizados en perpiaños que descansan sobre canzorros. Cuberta a tres augas con tella francesa.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha del inventario del patrimonio arquitectónico de interés histórico artístico del Ministerio de Cultura.

volver a búsqueda