Canastros 47 - 48

mapa ficha

Referencia:

030123

Nomenclator:

3206201

Coord. UTM:

x: 59418300 y: 465233100

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SAN LOURENZO DE ABELEDA

Lugar:

San Lourenzo

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastros 47 - 48

Descrición:

Nunha praza do medio do pobo atópase esta parella de canastros, un deles mixto e o outro de madeira. O de madeira está composto por seis esteos e outros tantos tornarratos con forma de roda. A cámara péchase nos lados penais mediante dous lenzos de doeles dispostas en vertical. As doelas están unidas entre sí a través de faixas e debaixo delas, uns balaustres cravados en diagonal reforzan a unión entre as doelas. Neste caso a porta de entrada ó corpo do canastro non se atopa nun dos lados penais, senon nunha beira dun lado costal. Cuberta a dúas augas de tella curva, faltando xa varios tramos de tella. O hórreo mixto consta de tres parellas de pés, tendo man cada parella dunha mesa de pedra rectangular. Algúns dos esteos están revestidos en parte de cemento. A cámara ten a estructura de pedra, cérrandose nos lados costais mediante dous paneis de balaustres dispostos en vertical e atravesados por cintas. Nun dos lados penais atópase unha ampla porta de acceso ó corpo do canastro, porta que está composta por dúas follas, a da dereita de maior envergadura cá da esquerda. Para subir ata a porta emprégase unha escaleira fixa de perpiaños. Nos lados penais, enriba dos pinches coróanse as paredes mediante topetes. Cuberta a dúas augas con tella curva. Na mesma praza, entre estes dous hórreos inda se conservan restos doutro, son visibles catro esteos e dúas mesas de pedra.

volver a búsqueda