Conxunto de catro canastros

mapa ficha

Referencia:

030116

Nomenclator:

3206201

Coord. UTM:

x: 59427500 y: 465231600

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SAN LOURENZO DE ABELEDA

Lugar:

San Lourenzo

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Conxunto de catro canastros

Descrición:

Conxunto de catro canastros cunha conservación bastante precaria situados nunha aira do pobo de San Lourenzo. Un deles está formado por catro pés, unha mesa de pedra e dous tornarratos en forma de roda. A cámara notablemente afectada polo paso dos anos precisa de varios soficos para poder manterse en pé. O corpo péchase mediante doelas verticais atravesadas por faixas. Cuberta a dúas augas con tella curva. Nos outros tres casos emprégase como soportes tres parellas de esteos, sen embargo a combinación de tornarratos xa é diferente en cada caso. Nun canastro bótase man dunha mesa de pedra e catro tornarratos en forma circular, noutro óptase por tres mesas de pedra, e no último dos casos dúas mesas de pedra nos extremos e dous tornarratos en forma de roda sobre os esteos centrais. As cámaras péchanse mediante sucesións de doelas de madeira unidas por faixas. As portas de acceso ás cámaras atópanse nos lados penais. As cubertas son a dúas augas con tella curva.

volver a búsqueda