Conxunto de sete canastros

mapa ficha

Referencia:

030115

Nomenclator:

3206201

Coord. UTM:

x: 59422800 y: 465223000

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SAN LOURENZO DE ABELEDA

Lugar:

San Lourenzo

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Conxunto de sete canastros

Descrición:

No medio do pobo de San Lourenzo, nunha aira que chaman "as quintas" atópanse un conxunto de sete canastros. Un deles xa só conserva os pés e parte da grade. Do resto do conxunto, dous dos hórreos constan de catro pés e unha mesa de pedra enriba de cada parella de pés. Os corpos péchanse mediante unha sucesión de doelas de madeira atravesadas por cintas e para as cubertas emprégase tella curva. No caso dos catro restantes, todos eles están formados por tres parellas de pés. En tres casos sobre as parellas dos extremos álzanse mesas de pedra e enriba dos esteos centrais dous tornarratos de forma circular. No caso restante en vez de dúas mesas e dous tornarratos utilízanse tres mesas de pedra. As cámaras na totalidade dos casos péchanse mediante tres lenzos de doelas dispostan en posición vertical. As doelas únense a través de faixas e debaixo delas, uns balaustres cravados en diagonal fan as veces de reforzar a unión entre doelas. As portas de entrada atópanse nos lados penais. Cúbrense a dúas augas con tella curva.

volver a búsqueda