Canastros 24 - 25

mapa ficha

Referencia:

030110

Nomenclator:

3206201

Coord. UTM:

x: 59419600 y: 465225100

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SAN LOURENZO DE ABELEDA

Lugar:

San Lourenzo

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastros 24 - 25

Descrición:

Nunha pequena eira no medio do pobo había un conxunto de canastros dos cales hoxe tan só quedan en pé dous. Inda se poden apreciar os esteos doutro par deles, así como restos da madeira dos seus corpos. Os dous que se manteñen en pé son de pequenas dimensións, un deles está formado por catro pés e dúas mesas de pedra. A cámara cérrase non lados costais a través de dous panos de doelas dispostas en posición vertical e atravesadas por faixas. Na parte inferior das faixas, uns balaustres cravados en diagonal serven como elemento de reforzo para a unión entre doelas. A porta de entrada ó corpo do canastro atópase nun dos lados penais. Cuberta a dúas augas con tella francesa. O outro canastro consta de tres parellas de pés, enriba das dúas parellas dos extremos descansan dúas mesas de pedra e sobre os dous esteos do medio repousan outros tantos tornarratos en forma de roda. Este  complexo é o que serve como soporte a unha cámara que se cerra nos lados costais a través de tres lenzos de doelas dispostas en vertical e unidas entre sí mediante cintas. Varios soficos arredor da cámara axudan a manter en pé o corpo do canastro. Cuberta a dúas augas con tella romana.

volver a búsqueda