Canastro 20

mapa ficha

Referencia:

030106

Nomenclator:

3206201

Coord. UTM:

x: 59416100 y: 465218400

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SAN LOURENZO DE ABELEDA

Lugar:

San Lourenzo

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastro 20

Descrición:

Para nivelar o hórreo nun terreo pendente foi preciso a construcción dunha soleira con pedra de cachotería. Enriba da soleira apóianse dous pares de esteos, tendo man cada par dunha mesa de pedra. Este é o soporte no que descansa o pequeno corpo do canastro, corpo que se cerra nos lados costais mediante dous lenzos de doelas verticais. As doelas quedan trabadas mediante cintas horizontais, e debaixo das mesmas, uns balaustres cravados en diagonal cunpren a función de reforzar a unión entre as doelas. Un dos lados penais queda reservado para a porta de entrada, que consta de dúas follas sobrepostas, a inferior moito máis desenrolada cá superior. O paso dos anos foi alterando a madeira do corpo do canastro, que xa precisa de varios soficos para non desplomarse. Cuberta a dúas augas con tella curva.

volver a búsqueda