Canastros 17 - 18

mapa ficha

Referencia:

030104

Nomenclator:

3206201

Coord. UTM:

x: 59412200 y: 465223100

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SAN LOURENZO DE ABELEDA

Lugar:

San Lourenzo

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastros 17 - 18

Descrición:

Parella de canastros de madeira, o da dereita composto por tres pares de pés sobre os que descansan outras tantas mesas de pedra. Conta cun corpo de notables proporcións que se cerra nos lados costais a través de tres paneis de doelas colocadas en posición horizontal. As doelas únense pola parte interior da cámara a través de cintas verticais. A porta de entrada atópase nun dos lados penais e está formada por dúas follas superpostas, a superior de menor envergadura cá inferior. Cuberta a dúas augas con tella curva. O canastro da esquerda conta como soportes para a cámara con seis pés e outros tantos tornarratos con forma de roda. O corpo do hórreo péchase nos lados costais con lenzos de doelas verticais e unidas entre sí a través de faixas. Esa unión vese reforzada cuns balaustres que se cravan en diagonal debaixo das faixas. A porta de entrada para o corpo do canastro atópase nun dos lados penais. Cuberta a dúas augas con tella curva.

volver a búsqueda