Canastros 2 - 3

mapa ficha

Referencia:

030091

Nomenclator:

3206201

Coord. UTM:

x: 59411700 y: 465233700

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SAN LOURENZO DE ABELEDA

Lugar:

San Lourenzo

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastros 2 - 3

Descrición:

Parella de canastros de madeira de reducidas dimensións. A estructura de ambos é moi similar, só varían un pouco os soportes. Os dous empregan dúas parellas de pés, no da esquerda con dúas mesas rectagulares enriba, e no da dereita cunha mesa sobre unha parella de esteos e sobre os outros dous uns tornarratos en forma de roda. As cámaras cérranse mediante dous panos de doelas dispostan en horizontal e unidas interiormente mediante cintas verticais. O canastro da esquerda conta con duas táboas cravadas en diagonal que abarcan o total dos muros costais. As portas de entrada atópanse en ambos canastros nos lados penais, o da esquerda é dunha folla soa, o da dereita conta con dúas follas superpostas, a superior de menor envergadura. Cuberta a dúas augas con tella curva.

volver a búsqueda