Capela de San Nicolás

mapa ficha

Referencia:

030088

Nomenclator:

3206201

Coord. UTM:

x: 59345995 y: 465177911

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SAN LOURENZO DE ABELEDA

Lugar:

Reboreda

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Capela de San Nicolás

Descrición:

Esta pequena capela situada no núcleo de Reboreda aparece mencionada dúas veces no s.XVII na documentación de Santa María de Porqueira. A primeira cita recóllese na visita parroquial do ano 1665; "ay una hermita de san nicolas en el lugar de rrevoreda de esta filigressia no tiene dotacion ni rrenta alguna" (Libro 34.9.21., fol. 17v). A segunda vez que se reflexa o nome deste templo é o derradeiro ano do século XVII (Libro 34.9.11., fol.71Vº), con motivo tamén da visita pastoral á parroquia. Dise neste caso que a ermida se atopa con toda decencia para oficiar culto. Dende este momento non se volven ter novas documentais referentes a este ben por quedar eximida Porqueira das visitas pastorais.
 
O edificio conservado presenta pranta rectangular con muros de perpiaños, é unha construcción moi similar á capela de Lovios de Paradela. Na fachada porta alintelada cun van horizontal a cada lado da mesma. Espadana dun só corpo e un só oco con cornixa no arranque do arco. Aparece coroada por unha cruz latina de pedra.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
A.H.D.OU.
       Libro: 34.9.11.
       Libro: 34.9.21.
-Ficha del Inventario del Patrimonio Arquitectónico de Interés Histórico Artístico del Ministerio de Cultura.
 
 

volver a búsqueda