Referencia: |
030085 |
Nomenclator: |
3206201 |
Coord. UTM: |
x: 59342100 y: 465176400 |
Concello: |
Porqueira |
Parroquia: |
SAN LOURENZO DE ABELEDA |
Lugar: |
Reboreda |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de Almacenamento |
Subtipo: |
Canastro |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Parella de canastros de madeira en estado de ruina. O da dereita utiliza como soportes tres parellas de esteos, sobre as parellas dos extremos levántanse duas mesas de pedra rectangulares, e enriba dos dous pés do medio outros tantos tornarratos con forma de roda. Para o peche da cámara empréganse lenzos de doelas dispostas en posición horizontal e unidas interiormente a través de faixas verticais. Cuberta a dúas augas con tella curva. A cámara do canastro da esquerda repousa enriba de seis esteos con outros tantos tornarratos circulares enriba. O corpo do hórreo cérrase nos lados costais a través de tres panos de doelas dispostas en posición vertical e unidas mediante cintas. Debaixo das cintas uns balaustres cravados en diagonal serven de reforzo para a unión entre doelas. Cuberta a dúas augas con tella curva.