Conxunto de cinco canastros

mapa ficha

Referencia:

030084

Nomenclator:

3206201

Coord. UTM:

x: 59338200 y: 465177300

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SAN LOURENZO DE ABELEDA

Lugar:

Reboreda

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Conxunto de cinco canastros

Descrición:

Forman este conxunto un total de cinco canastros de madeira situados nunha aira no medio do pobo. O primeiro deles atópase nun espacio que queda libre entre dous palleiros e consta de seis pés, alzándose sobre as dúas parellas de esteos dos extremos duas mesas de pedra rectangulares, e enriba dos pés do medio dous tornarratos con forma de roda. O corpo do hórreo péchase nos lados costais mediante dous paneis de doelas dispostas en posición horizontal e unidas interiormente mediante faixas verticais. A porta de acceso sitúase nun dos lados penais. Cuberta a dúas augas con tella do país. Na parte de enriba deste canastro sitúanse os restantes do conxunto, que se dispoñen máis ou menos formando unha liña. Inicia esta sucesión un hórreo formado por seis pés, sobre as parellas de pés dos extremos levántanse duas mesas de pedra rectangulares e enriba dos dous esteos do medio outros tantos tornarratos con forma circular. A cámara cérrase nos lados costais a través de dous panos de doelas colocadas en horizontal e unidas interiormente mediante cintas. Para a colocación da porta de acceso resérvase un dos lados penais. Cuberta a dúas augas con tella francesa. O seguinte canastro está composto por tres parellas de esteos que teñen man doutras tantas mesas de pedra rectangulares. Este entramado é o soporte da cámara, que se cerra nos lados costais mediante dous panos de doelas dispostan en posición vertical e atravesadas por faixas. A porta de acceso á cámara atópase nun dos lados penais. Cuberta a dúas augas con tella francesa. Segue a disposición un canastro formado por tres parellas de pés, sobre os pés dos extremos repousan dúas mesas rectangulares de pedra e enriba dos esteos centrais descansan dous tornarratos en forma de roda. A cámara cérrase nos lados costais mediante tres paneis de doelas separados por columnas de madeira. As doelas dispóñense en posición vertical e únense entre sí mediante cintas. Uns balaustres cravados en diagonal debaixo das cintas serven de reforzo na unión entre doelas. En cada lado penal unha porta de acceso á cámara, unha delas feita de novo recentemente. Cuberta a dúas augas con tella curva. O último do conxunto é un canastro de considerables proporcións cunha cámara apoiada en tres parellas de esteos con outras tantas mesas de pedra rectangulares. O corpo péchase nos lados costais mediante tres lenzos de doelas dispostas en posición vertical e atravesadas por faixas. En cada lado penal unha porta de acceso, unha delas en moi mal estado ten cravadas varias táboas enriba. Cuberta a dúas augas con tella curva.

volver a búsqueda