Canastros 21 - 22

mapa ficha

Referencia:

030083

Nomenclator:

3206201

Coord. UTM:

x: 59339000 y: 465178900

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SAN LOURENZO DE ABELEDA

Lugar:

Reboreda

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastros 21 - 22

Descrición:

Par de canastros de madeira, o que se sitúa na fotografía na parte anterior está composto por tres parellas de esteos. Sobre as parellas dos extremos álzanse duas mesas rectangulares de pedra e sobre os dous pés do medio outros tantos tornarratos con forma de roda. Este é o soporte que da paso a unha grade cunha padieiras notablemete alteradas polo paso dos anos. O corpo do hórreo péchase nos lados costais mediante dous panos de doelas dispostas en posición horizontal e unidas pola parte interior a través de faixas. A porta de entrada -a base de doelas verticais- atópase nun dos lados penais e está formada por dúas follas sobrepostas, a superior de menor entidade. A estado precario de conservación fai que o canastro precise de varios soficos para manter a cámara en pé. Cuberta a dúas augas de tella curva. A estructura da segunda das construccións é a mesma cá que se acaba de describir, só cambia a cuberta que en vez de ser de tella curva é de tella francesa.

volver a búsqueda