Canastro 12

mapa ficha

Referencia:

030072

Nomenclator:

3206201

Coord. UTM:

x: 59343700 y: 465166400

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SAN LOURENZO DE ABELEDA

Lugar:

Reboreda

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastro 12

Descrición:

Canastro de madeira que consta de seis esteos, enriba de catro deles álzanse catro tornarratos en forma circular, a parella restante de pés sostén unha mesa de pedra de forma rectangular. Este entramado ten man do corpo do hórreo que se pecha nos lados costais mediante tres panos de doelas dispostas verticalmente. As doelas están trabadas entre sí mediante cintas, debaixo das cales se cravan uns balaustres dispostos en diagonal que cumpren a misión de reforzar a unión entre doelas. Un dos lados penais cérrase a través de catro anchas táboas cravadas en horizontal, viñeron a sustituír os balaustres que antigamente tivo e que se degradaron co paso dos anos. O outro lado penal é o reservado para a porta de acceso é cámara. Cuberta a dúas augas con tella francesa.

volver a búsqueda