Canastro 10

mapa ficha

Referencia:

030070

Nomenclator:

3206201

Coord. UTM:

x: 59346500 y: 465170100

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SAN LOURENZO DE ABELEDA

Lugar:

Reboreda

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastro 10

Descrición:

Canastro de madeira de grandes dimensións. O corpo aséntase sobre catro pares de esteos de diferentes alturas para salvar o desnivel do terreo, e enriba de cada parella de pés álzase unha mesa de pedra rectangular. Este entramado é o soporte que se emprega para descanso da cámara, a cal se cerra nos seus lados costais mediante cinco paneis de doelas separadas por columnas de madeira. Os balaustres seguen unha disposición vertical e únense mediante faixas, esa unión vese reforzada coa colocación en diagonal duns balaustres por debaixo das cintas. Nos lados penais séguese o mesmo procedemento, reservándoos para colocar en cada un deles unha porta de entrada. Unha das portas é dunha soa folla e a outra ten dúas sobrepostas, sendo a superior de menor tamaño. A cuberta voa considerablemente tanto cara os lados costais coma cara os penais para protexer a madeira da cámara da auga da choiva, emprégase como material a tella francesa. Para acceder ata o corpo do canastro a través da porta, salvan a altura unhas escaleiras de tres chanzos asentadas en pedra de cachotería.

volver a búsqueda