Canastros 8 -9

mapa ficha

Referencia:

030069

Nomenclator:

3206201

Coord. UTM:

x: 59347931 y: 465169458

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SAN LOURENZO DE ABELEDA

Lugar:

Reboreda

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastros 8 -9

Descrición:

Par de canastros de madeira de similar tamaño. A cámara dun deles repousa sobre seis esteos que en orixe levaban enriba outros seis tornarratos con forma circular, sen embargo, os tornarratos que ían enriba dos pés dos extremos foron unidos con cemento pasando a formar unha especie de mesa. No outro hórreo emprégase como soporte tres parellas de esteos con outras tantas mesas de pedra rectangulares. A solución adoptada para o peche das cámaras de ambos canastros é a mesma: nos lados costais mediante tres panos de doelas dispostas en vertical, atravesadas por faixas para a súa unión, e reforzadas mediante balaustres cravados en diagonal. Nun dos lados penais séguese este mesmo esquema, e no outro atópase a porta de entrada. Para a cuberta empréganse diferentes solucións, un cúbrese con tella curva e o outro con tella francesa.

volver a búsqueda