Canastros 6 - 7

mapa ficha

Referencia:

030068

Nomenclator:

3206201

Coord. UTM:

x: 59350300 y: 465170300

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SAN LOURENZO DE ABELEDA

Lugar:

Reboreda

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastros 6 - 7

Descrición:

Par de canastros, ambos de madeira. Nun deles utilízase como soporte da cámara tres parellas de esteos e outras tantas mesas de pedra rectangulares. A cámara péchase nos lados costais a través de dous paneis de doelas dispostas verticalmente e unidas a través de cintas. Debaixo das cintas uns balaustres cravados en horizontal serven de reforzo para a unión das doelas. Nos lados penais emprégase o mesmo procedemento, reservando un deles para a porta de acceso. A porta é de duas follas sobrepostas, a inferior de maior envargadura cá superior. Cuberta a dúas augas con tella curva. No segundo dos hórreos o corpo descansa sobre catro pés -de diferente tamaño para salvar o desnivel do terreno- con outros tantos tornarratos circulares enriba. Esto serve de apoia á grade, cunhas padieiras xa bastante afectadas polo paso dos anos. Para o peche do corpo o procedemento é exactamente o mesmo ca no ben anterior. Cuberta a dúas augas con tella curva.

volver a búsqueda