Cruz

mapa ficha

Referencia:

030066

Nomenclator:

3206201

Coord. UTM:

x: 59348900 y: 465173300

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SAN LOURENZO DE ABELEDA

Lugar:

Reboreda

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Cruces

Subtipo:

Cruz

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Cruz

Descrición:

Atópase cara o medio do pobo de Reboreda, nunha beira dunha especie de aira onde se pode contemplar tamén un conxunto de cinco canastros de madeira. A cruz carece de plataforma e está encaixada nun baseamento cadrado. A sección no fondo do brazo lonxitudinal empeza sendo cadrada, pero moi pronto pasa a ser oitavada tornándose en cadrada nos cantos dos brazos. Segundo información dos veciños do pobo está cruz foi traída de San Lourenzo, formaba parte dun via crucis  que había neste último pobo. En San Lourenzo aínda se conservan dous dos exemplares que conformaban o conxunto. Está protexida por un enrreixado de ferro.
 
Relatan os veciños que a cruz estivo emprazada neste mesmo lugar pero no camiño mesmo. A día de hoxe a cruz queda separada do mencionado camiño mediante un bebedeiro do gando.
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha del inventario del patrimonio arquitectónico de interés histórico artístico del Ministerio de Cultura.

volver a búsqueda