Conxunto de canastros 1 a 5

mapa ficha

Referencia:

030065

Nomenclator:

3206201

Coord. UTM:

x: 59350400 y: 465174600

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SAN LOURENZO DE ABELEDA

Lugar:

Reboreda

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Conxunto de canastros 1 a 5

Descrición:

Conxunto de cinco canastros de madeira situados nunha aira e dispostos en paralelo cunha das rúas principais que atravesa o pobo. Seguindo a fotografía, o canastro da esquerda está composto por seis pés e outros tantos tornarratos circulares enriba. A cámara péchase nos lados costais mediante tres panos de doelas colocadas en posición vertical e atravesadas por cintas para a súa unión. Esa unión vese reforzada cuns balaustres dispostos en diagonal ó longo dos tres paneis de doelas. Nos lados penais, nun deles colócase a porta de acceso e no outro, pola mala conservación dos balaustres recubriuse de táboas cravadas en horizontal. Cuberta a dúas augas con tella curva. A cámara do segundo canastro apóiase noutros seis pés. Sobre catro destes pés descansan outros tantos tornarratos en forma de roda, e sobre unha parella dun extremo unha mesa rectangular. O corpo do hórreo vólvese cerrar mediante tres paneis de doelas dispostas verticalmente e atravesadas por faixas, debaixo das cales se cravan uns balaustres en diagonal que serven de reforzo na unión entre as doelas. Accédese á cámara pola porta situada nun dos lados penais.Cuberta a dúas augas con tella curva. A terceira das construccións está formada por tres parellas de esteos, sobre as parellas dos extremos álzanse duas mesas de pedra rectangulares e sobre os dous pés do medio outros tantos tornarratos con forma de roda. Sobre este complexo descansa a cámara, pechada nos lados costais mediante dous panos de doelas verticais atravesadas por cintas. Nun dos lados penais adóptase o mesmo proceder, e no outro colócase a porta de acceso. Cuberta a dúas augas con tella plana. O seguinte canastro só conta con catro pés, sobre unha parella repousa unha mesa rectangular de pedra e sobre os outros dous, uns tornarratos con forma circular. Este soporte da paso á grade, sobre a que se levanta o peche da cámara a base de doelas dispostas en vertical e atravesadas por cintas. A porta de entrada queda situada nun dos lados penais. Coberta a dúas augas con tella plana. O último canastro do conxunto está composto por dúas parellas de esteos, enriba dos cales repousan outras dúas mesas de pedra rectangulares. O corpo do hórreo, de reducidas dimensións, péchase mediante unha disposición de doelas colocadas en posición horizontal e unidas a través de cintas. Nun dos lados penais sitúase a porta de acceso, neste caso cos balaustres dispostos verticalmente. Cuberta a dúas augas de tella curva, aínda que faltan algúns tramos da mesma.

volver a búsqueda